Resumo
A continuación imos
tratar o concepto,definición,características,funcións,obxetivos etc da Documentación Informativa.Levaremos a cabo unha pequena investigación para fixar algunas
ideas básicas ao respecto que se irán desenvolvendo ao longo do texto para
rematar finalmente tratando o papel da Documentación Informativa na actualidade
e a súa relación co xornalismo.
Palabras clave
*Documentar:probar,xustificar a verdade de algo con documentos.
*Hipertexto: texto que contén elementos a partir dos cales se
pode aceder a outra información.
*Centro de documentación: unidade de información que reúne,xestiona e difunde
a documentación dunha área de coñecemento determinado ou a producida por un
organismo ou insittución que a ciscunscribe.
*Documentalista: persoa adicada a recopilar datos
biográficos,informes,notcias etc.,sobre determinada materia
Introducción
A documentación considérase que comeza coa labor
iniciada por Paul Otlet e Henry Lafontaine,que remata coa era predocumental poñendo en marcha unha metodoloxía que axuda a
controlar toda a bibliografía científica .No século XV aparece a imprenta e a partir
dese momento os libros fanse cada vez maís científicos ata chegar ao século XIX ,cando a publicación é excesiva e
non ten control. Este século se caracteriza polo
positivismo,un sistema filosófico que se basea na experiencia e no coñecemento
empírico dos fenómenos naturais e que emprega o método de coñecemento indutivo.Aparecerán
neste momento revistas científicas de divulgación,aumentarán as Academias
científicas e os xornais e inventaranse a fotografía e a radiofusión
propiciando a globalización e aumentando a información que se publica. É por isto que a mediados deste século
uns eruditos consideran que o control da información debería considerarse como
una disciplina.Así,a Documentación xorde
para resolver mediante métodos científicos a organización e circulación da
información. En 1895 Otlet e Lafontaine fundan o Instituto Internacional de
Bibliografía,ao que dotan de estatutos nos que aparece como obxetivo crear un
repertorio Bibliográfico Universal.Será o primeiro centro de documentación no
mundo,superará as dúas Guerras Mundiais e tamén a loita interna entre
bibliotecarios e documentalistas.En 1938 pasará a chamarse federación
Internacional de Documentación.
Concepto
A Documentación é unha ciencia informativa e de carácter
social que actúa como mediadora entre o creador da información e o receptor
desta.Procede da palabra documento do
latín documentum(ensinar).
É unha disciplina científica que trata de
recopilar,almacenar,analizar e difundir información contida en documentos de
distinto tipo co obxetivo de facela accesible para calquera persoa que puidera
necesitala.Trátase pois,dunha disciplina instrumental,xa que serve a tódalas
demás ciencias para localizar a información precisa para o avance do
coñecemento.Para isto,aplica procesos de selección de
materiais,organización,catalogación e análise de contido.A Documentación
implica catro procesos: a recuperación de información,a análise intelectual,a
síntese e a difusión.
Aínda que se defina
como unha ciencia por incorporar metódos de traballo propios desta,realmente é
unha ciencia para a ciencia porque intervén no establcemento das causas últimas
doutras ciencias mediante diferentes instrumentos.
Por último,tramén
podemos definir a Documentación como unha disciplina instrumental ao axudar ás
demais ciencias a localizar a información que precisan.
En definitiva,é
unha mestura entre procedemento e ferramenta que axuda a organizar o conxunto
de coñecementos derivados do crecemento masivo da información científica no
século XIX.
àOtlet e
Lafontaine: Búsqueda
de documentos para facer o estudio ou a tesis.
àBradford: Arte de recolectar,clasificar e facer doadamente accesibles
os documentos de tódalas formas de actividades intelectuais.
àAdoració Pérez
Alarcón : É unha disciplina que se ocupa basicamente de aplicar unha chea de técnicas que permiten estruturar
e organizar os documentos en chamados sistemas de información. Só así será
posible a recuperación e localización dos documentos, da información.
àÁngeles López
Hernández : Ensínanos a clasificar,organizar,resumir e
extraer as palabras clave das mensaxes de forma eficiente e útil,facilitando e
axilizando a recuperación das informacións no momento preciso,cando son
precisas para o desenvolvemento do traballo.
à Carrizo Sainero, Gloria; Pilar Irureta-Goyena Sánchez y
Eugenio López de Quintana Sáenz : Actividade científica que se ocupa de recoller e tratar as fontes do
coñecemento,almacenala información,facilitala recuperación e proceder á
difusión de forma rápide e eficaz.
àAntonio García Gutiérrez: É prodecemento e ferramenta
que axuda a comprender e ordenar o caos cognitivo xurdido a partir do
crecemento expoñencial da información tecnocientífica no entorno da revolucioón
industrial do século XIX.Xera procesos de organización e circulación de todo
tipo de coñecementos.
àMiguel Ángel Moreno Gallo: Non é so xestión de arquivos,é
valoración e aportación de datos,análises e opinións.
àNuria Amat Noguera: Ciencia que estuda a produción ,organización,almacenamento,recuperación e
difusión da información.Tamén investiga sobre os seus propios métodos.
àElena Giménez Toledo: Disciplina científica
que trata de recopilar,almacenar,analizar e difundir información contida en
distinto tipo de documentos para que sexa accesible a calquera que poida
necesitala.
àJosé López Yepes: Ten que informar sobre
a información existente e potencial e actualizar,á súa vez,o valor da
información.
Principios
Os principios sobre os
que se asenta a Documentación informativa son catro:
1.Conservación,difusión
e reutilización da información.
2.Produción
de nova información.
3.Coñecemento
das fontes de información e dos sistemas documentais.
4.Disciplina
ao servizo doutra disciplina
Carcterísticas da
información de actualidade
Na década dos 80 muda a definición de
Documentación coa chegada dos ordenadores.Serán os propios centros de
investigación científica os que primeiro
deciden aplicalos ao seu servizo documental.Isto
supuxo unha revolución no campo do coñecemento e produciuse un cambio no sector
periodístico e documental.Para a Documentación,estos novos soportes “ axilizan a localización dos documentos,evitan
a súa dispersión e garanten a súa conservación”. Finalmente,as comunidades
científicas vense obrigadas a empregar as novas tecnoloxías para acceder á
información electrónica.Para isto,a Documentación tivo que achegarse ao nivel
das necesidades reais dos usuarios.O problema era que escaseaban os programas
para analizar os documentos.A partir da
década dos 90 aparecen unha serie de documentos
electrónicos,dixitais,hipertextuais e multimedia que avanzan ata permitir ao
usuario non só conseguir texto on line,senón tamén son,imaxes e unha relación
entre contidos.Chegamos así ao documento interactivo e virtual que permite
gardar gran cantidade de información superando a linealidade do contido.Os
centros de Documentación comezan a tratar os documentos electrónicos,primeiro
con bases de datos e despois co hipertexto.Isto permitiu traballar con moitos
conceptos enlazados,de maneira que os usuarios chegan a partir de unha primeira
búsqueda a outra complementaria.Agora,ás funcións clásicas da Documentación engádense
as aportacións persoais e puntuais do Documentalista de Información Electrónica,é
dicir,podemos participar directamente na información aportando conceptos
documentais.
As características desta información de actualidade son as seguintes:
1.Coincidencia
episódica.
As mesmas noticias son ofrecidas por tódolos medios diarios nas mesmas datas e
posteriores. A causa é a dependencia dos medios e das axencias así como dos
produtores dos feitos.
2.Redundancia
cíclica. A actividade do xornalista céntrase na
cobertura de feitos contemporáneos, de frecuencia diaria (bolsa), mensual
(IPC), trimestral (grandes operacións de tráfico…)
3.Efecto
Mateo. Poucas personaxes polarizan o interese
dos medios e aparecen en moitas noticias mentres que moitos outros aparecen
citados poucas veces.
4.Multiplicidade de soportes. Teletipos, noticias
impresas, comunicados de prensa, grabacións radiofónicas, materiais visuais,
audiovisuais…
5.Fragmentación da mensaxe. As mensaxes informativas transmítense
fragmentadas polo ritmo de captación dos acontecementos diferente ao da
publicación ou edición dos medios.
6. Latencia. A información de actualidade caduca aparentemente, pero calquera feito
pechado pode ser reaberto e devolver o protagonismo a personaxes e feitos.
7.Documentos compostos. Textos con fotografías e gráficos
plantexan dificultades de organización documental e de deseño das ferramentas
de recuperación documental.
8.Lei do mínimo esforzo. A premura coa que se traballa va en
detrimento de tratamentos elaborados da información.
9.Estratificación de usuarios e usos.
Trabállase para usuarios moi distintos na súa especialización e obxetivos.
10.Relatividade do signficado. Os documentos
xornalísticos cambian o seu significado nos diferentes contextos e admiten
interpretacións diversas por parte dos usuarios. Iso fainos polivalentes.
11.Omisión. Os textos omiten información, voluntaria
ou involuntariamente, o que ten que ser tido en conta polo documentalista.
Funcións
As funcións clásicas da
Documentación Informativa son : valoración,selección,clasificación e arquivo.Así
podemos deducir que as súas funcións son as seguintes:
1.Produción de información.A posibilidade de información medra coa
documentación,poténciase nela.
2.Mellorar a calidade e credibilidade da información. Na actualidade todos temos aceso á información,polo que
calquera erro na documentación fará que perda calidade e,polo
tanto,credibilidade.
3.Almacenamento e conservación. Todo o que estea ben almacenado pódese volver a atopar,dependendo
dor formato elexido haberá que seguir uns coidados determinados para a súa conservación.Tamén
poderemos empregar aquela información almacenada por outros investigadores.
4.Difusión e reutilización. A información ben almacenada pódese volver a empregar
por nos mesmos ou terceiras persoas,feito imprescindible para a produción de
información.
Finalidade
A Documentación
informativa ten unha serie de finalidades básicas :
1.Buscar
información: localizala,contrastala e valorala.
2.Determinar
o tipo de información que se precisa para elaborar un determinado traballo.
3.Organizar,arquivar,clasificar
calquera material que se vaia acumulando.
4.Almacenar
todo o noso traballo para que tanto nos coma outros o podamos atopar.
5.Recuperar
e difundir documentos de utilidade.
6.Adquirir,coa
práctica,un criterio de selección imprescindible para obter a información máis
útil,novidosa e completa que serva para documentar o traballo a realizar.
Centro
de documentación nun medio: funcións, características e fíns
Na actualidade a Documentación Informativa, xa sexa impresa
,iconográfica ,sonora ou audiovisual, é unha esixencia de tódolos medios de
comunicación que precisan dun servizo documental rápido e eficaz.Ten que
ofrecer ao profesional o documento axeitado para completar ou contrastar as
súas novas no menor tempo posible.A Documentación,relacionada coas ciencias da
información te duas vertentes.Por un lado,os profesionais acuden a centros de
documentación de carácter científico ou investigador,onde empregan fontes
específicas de cada materia para elaborar o seu traballo,e polo outro ,da lugar
á creación de centros de documentación dentro das empresas informativas nas que
os documentalistas empregan fontes de información de temática xeral para a produción
de novas.Polo tanto,calquera empresa informativa que teña un mínimo nivel
deberá estar dotada dun centro ou arquivo documental onde almacenar e
documentar todo o material que xera para a súa conservación,difusión e futuro
emprego.A Documentación convértese así nunha rama fundamental para a
comunicación e o periodismo,xa que nesta sociedade de sobreinformación atopar a
información veraz e útil faise máis difícil.Por isto,o xornalismo precisa de
fontes para documentarse,contrastar a información coa que se conta,recuperar
información de hai tempo que se quere volver a tratar,difundir os seus traballos
etc.
Non
obstante,Internetcomo medio de traballo ten unas características propias:actitude
activa do receptor da información,posibilidade de obter múltiples puntos de
vista,complexidade como valor positivo e enlace como ferramenta de traballo.Así,
o xornalista desempeña funcións moi comúns ao documentalista,xa que ambos
xestionan a información.
A Documentación Informativa ten uns fins claros na súa aplicación nos
medios de comunicación
1.Contribuír
á consecución dos obxectivos do medio
2.Asegurar
a memoria dos acontecementos/corporativa
3.Servir
de apoio aos profesionais
Así como unhas funcións:
1.Xestión
dos fondos
2.Proporcionar
fontes
3.Servir
de “fonte de inspiración”
4.Anticiparse
ás necesidades dos profesionais
Mapa conceptual